viernes, 16 de diciembre de 2016



A última, a definitivamente derradeira
Tan viva, brillante, enfeitizadamente amarela
Quizás se as bágoas do sol puideran cantar
contra unha branca pedra…
Tan, tan amarela
Voando transportaba o seu resplandor tan alto…
Marchou, seino porque desexaba bicar o mundo
nun adeus.
Hai sete semanas que vivo aquí
encerrado neste gueto
Pero aquí atopei á miña xente.
Chámanme os dentes de león
e as brancas candeas de castiñeiro no patio.
Somentes nunca vin outra bolboreta
Aquela foi a derradeira
As bolboretas non viven aquí,
no gueto.

Poema “A bolboreta” escrita en Terezín en 1942 por Pavel Friedmann (1921-Auschwitz 1944)
Adaptación ao galego: Adela T. Maroño

No hay comentarios:

Publicar un comentario