domingo, 29 de enero de 2017

Día da Paz. Outros materiais



Na procura da Paz: Hai 72 anos o réxime nazi autorizou unha visita a unha delegación da Cruz Vermella Internacional ao campo-gueto de Terezín, na antiga Checoslovaquia, para acalar os rumores sobre o xenocidio que se estaba a levar a cabo nos campos de concentración. Para a ocasión, o gueto de Terezín foi adecentado, organizáronse acticidades lúdicas e culturais e o engado surtíu efecto. Queda constancia del na película "O Führer regala unha cidade aos xudeus". Nas súas imaxes tamén quedaron reflectidos os nenos e nenas que cantaron a ópera Brundibár naquel mes de xuño de 1944 para aquela delegación internacional. Foi unha das 55 veces que a ópera infantil Brundibár se representou no gueto. Impresiona escoitalos sabedores de que, dos aproximadamente 15.000 nenos que pasaron polo campo-gueto de Terezín só sobrevivíu ao redor dun 10%.

Neste Día da Paz vai a miña lembranza para eses nenos, coma para todos os que están hoxe en día a sufrir as inxusticias, o desarraigo, a desigualdade, o frío, a fame, a indiferencia, o acoso,... coma aqueles nenos que no seu día sofriron o Holocausto:


 Ollemos hoxe cara atrás pero coa mirada esperanzada posta no futuro, nas mans dos nenos e nenas que hoxe cantan á liberdade e o amor.

martes, 24 de enero de 2017

MAKING OFF "BRUNDIBÁR" SANTIAGO DE COMPOSTELA 2016

Neste recuncho iremos subindo progresivamente as gravacións das entrevistas e de como se fixo a ópera "Brundibár" que se representou en Santiago e Vigo en decembro de 2016. Agardamos que poida contribuir ao coñecemento desta ópera, do traballo que conlevou e das súas circunstancias.


lunes, 23 de enero de 2017

Celebrando o Día da Paz: "Na lareira" ("Oyfn pripetchik")


"Na lareira" é unha canción escrita por W. Warshawsky (1848-1907) que alcanzou unha inmensa popularidade entre o pobo xudeu a finais do século XIX e que, máis tarde, durante a 2ª Guerra Mundial, cantaríase como canción de resistencia. A letra fálanos da importancia da ensinanza da lectura e da transmisión do saber como parte do legado da historia do pobo e da pegada e os azos que as palabras poden deixar nas nosas vidas. 










NA LAREIRA de M. Warshawsky (adaptación ao galego: Adela T. Maroño)


No amor da lareira daquel fogar
Que se está a quecer
O alfabeto aos nenos estalle a ensinar o mestre e a ler (bis).

RETROUSO:
Debedes lembrar, nenos aprender
que se está a ensinar
que importancia ten o ler e comprender o noso ABC (bis).

Temos que ensinar,
na ledicia a ler
debemos saber
a sorte que ten quen se pode educar e aprende a aprender (bis).

Debedes saber, agora ao medrar
ides comprender
cantas bágoas hai nas letras do falar, prantos a lembrar (bis).

Se a morriña, nenos, chega a pesar
lonxe algunha vez
as palabras sempre forza hanvos de dar, verbas do querer (bis).

domingo, 15 de enero de 2017

Celebrando o Día da Paz: "All you need is love"


"All you need is love" ("Todo o que necesitas é amor"), é unha canción de The Beatles que orixinariamente fíxose famosa por seren a que representou ao Reino Unido no programa Our World na primeira emisión vía satélite, recibida por 30 países cunha audiencia duns 400 millóns de persoas, desto hai 50 anos. Conmemorando este aniversario presentámosvos aquí unha entrañable versión da organización humanitaria internacional SOS- Barnebyer.



...e unha sinxela coreografía dos nenos e nenas de 1ºA do Ceip Pío XII xunto coa nosa versión bilingüe da letra.


All You Need Is Love (Todo o que necesitas é amor)

Love, love, love
love, love, love
love, love, love.

Non hai nada que non poidas facer
nen nada que non poidas cantar,
nen nada que non poidas decir mais podes aprender.
É doado!

Non hai nada que non poidas facer
ninguén que non se poida salvar
nada que non poidas aprender mesmo por tí.
É doado!

All you need is love
all you need is love
all you need is love, love
love is all you need

Love, love, love
love, love, love
love, love, love

All you need is love
all you need is love
all you need is love, love
love is all you need

Non hai nada que non poidas saber
nen nada imposible de amosar
ningún lugar onde se queres ti podes estar.
É doado!

All you need is love
all you need is love
all you need is love, love
love is all you need.

All you need is love
(todos xuntos)
all you need is love
(everybody)
all you need is love, love
love is all you need
love, love is all you need
love, love is all you need
love, love is all you need.


Celebrando o Día da Paz con Brundibár : "Pensamento" ("Va pensiero")


O "Va pensiero" ("Pensamento" na tradución que nos ocupa) é un coro da ópera "Nabucco" de G. Verdi que fala do padecemento do pobo hebreo en cautividade e que os italianos adoptaron como himno patriótico fronte ao dominio austríaco, representando os seus anceios de independencia e liberdade. Hoxe en día, por extensión, segue a identificarse como un canto dos pobos á liberdade. 
A tradución ao galego que aquí presentamos é unha versión libre do texto orixinal que tenta achegalo á nosa realidade, a de Galicia, o país dos mil ríos e torres derruídas que nos transportan a imaxinar outros tempos nos que o pobo galego, tamén oprimido, levantouse para loitar co poder establecido.Aquí deixamos unha versión instrumental para practicar coa letra que traducimos en versión libre ao galego. A letra retrotraenos constantemente ao eterno sentimento de saudade, de morriña, que experimenta quen se atopa lonxe da súa terra, coma ao longo dos séculos e ata hoxe en día, experimentou o noso pobo vivindo a dor producida pola separación dos amigos, da familia, da terra co fenómeno da emigración. Sentires, tamén, de triste actualidade pola situación desesperada que están a sofrer preto de nós miles de refuxiados que, desubicados, desesperanzados e en míseras condicións, buscan unha oportunidade de vida digna logo de verse forzados a abandoar as súas casas, a súa historia, a súa terra...
É por todo isto a escolla desta peza que invoca ao noso pensamento para que sempre poda voar libre coma as bolboretas que inspiraron esta páxina.
Aquí podedes escoitar a nosa versión interpretada polos nenos e nenas de 1º B do Ceip Pío XII de Santiago de Compostela e un audio para traballar como karaoke.







   

 
PENSAMENTO de G. Verdi (Adaptación ao galego: Adela T. Maroño)

Pensamento, voa con ás douradas
vai pousar nas praderías e cumes
onde exhala o seu suave perfume
o doce aire da nosa terra natal.

Dalle ás veigas dos mil ríos a benvida
saúda  as torres derruídas de idades pasadas
Miña patria tan bela e perdida
oh, lembraza querida e fatal!

Harpa de ouro de máxicos fados
por que muda entre os freixos non soas
a lembranza nos peitos resoa
que nos fala do tempo que foi!

Cal destino dun pobo emigrado
entoando no ar crus queixumes,
que o alento que o esprito che infunde
torne o teu padecer en virtude e amor
torne o teu padecer en virtude e amor
torne o teu padecer en virtude e amor
en virtude e amor.