domingo, 29 de enero de 2017

Día da Paz. Outros materiais



Na procura da Paz: Hai 72 anos o réxime nazi autorizou unha visita a unha delegación da Cruz Vermella Internacional ao campo-gueto de Terezín, na antiga Checoslovaquia, para acalar os rumores sobre o xenocidio que se estaba a levar a cabo nos campos de concentración. Para a ocasión, o gueto de Terezín foi adecentado, organizáronse acticidades lúdicas e culturais e o engado surtíu efecto. Queda constancia del na película "O Führer regala unha cidade aos xudeus". Nas súas imaxes tamén quedaron reflectidos os nenos e nenas que cantaron a ópera Brundibár naquel mes de xuño de 1944 para aquela delegación internacional. Foi unha das 55 veces que a ópera infantil Brundibár se representou no gueto. Impresiona escoitalos sabedores de que, dos aproximadamente 15.000 nenos que pasaron polo campo-gueto de Terezín só sobrevivíu ao redor dun 10%.

Neste Día da Paz vai a miña lembranza para eses nenos, coma para todos os que están hoxe en día a sufrir as inxusticias, o desarraigo, a desigualdade, o frío, a fame, a indiferencia, o acoso,... coma aqueles nenos que no seu día sofriron o Holocausto:


 Ollemos hoxe cara atrás pero coa mirada esperanzada posta no futuro, nas mans dos nenos e nenas que hoxe cantan á liberdade e o amor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario